Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan apoio para a mellora da estrada que une O Lago e Cereixo

muxía. Os membros do grupo de goberno de Muxía, que preside Iago Toba, reuniuse este martes co presidente da Deputación, Valentín González, para achegar posicións de cara a estudar diferentes melloras no municipio. O obxectivo da mesma foi o de valorar a posibilidade de realizar unha das intervencións máis necesarias, como é a intervención na estrada de O Lago (Muxía) a Cereixo (Vimianzo). Na xuntanza, o grupo de goberno tde Muxía trasladoulle ao presidente provincial que se trata dun proxecto “moi beneficioso tanto para a seguridade viaria da veciñanza como para a mellora das conexións interparroquiais”, sinalaron. Esta infraestrutura presenta “un estado avanzado de deterioro que implica unha intervención a conciencia”, pero a intención do goberno local é “adicar tamén algunha partida a subsanar problemas de menor calado, pero non por elo menos importantes”. Respecto aos prazos que se manexan para que esta actuación se leve a cabo “é poder facelo no presente ano, tendo en conta os cauces administrativos pertinentes”, e o alcalde quixo agradecer “en nome de todo o meu grupo de goberno a atención por parte da Deputación Provincial, en especial ao seu presidente, Valentín González”. J. M. raMOS

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.