Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan medidas de conciliación para familias de Muxía con nenos con necesidades especiais

Dende o PP aseguran que hai, alomenos, dez pequenos que precisan doutros servizos

Muxía. A portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela, levará ao próximo pleno municipal unha moción na que reclaman ao goberno local a posta en marcha de medidas que permitan unha mellor conciliación de todas aquelas familias con nenos e nenas con necesidades especiais.

Asegura que, despois de manter varias charlas cas naise e de coñecer de primeira man as necesidades de dito colectivo, “é necesario dar visibilidade e poñer en coñecemento do goberno os próblemas aos que se enfrontan día a día estas familias”.

Sinala que no concello hai uns “10 nenos con necesidades especiais diagnosticados, se ben é certo que estes datos son orientativos, xa que non existe unha base de rexistro onde aparezan de forma oficial e poden existir outros en fase de valoración, non diagnosticados ou que non pediron a dependencia”.

Un dos problemas destes pais e nais, segundo Sandra Vilela, é que quenes optan pola educación combinada non teñen como desprazarse ao centro de educación específica máis cercano, que está en Santiago”. Por iso pide que se poña en marcha unha iniciativa como a que existe nos concellos de Muros, Noia e Serra de Outes, “onde fixeron un convenio que garante a aistencia de nenos con TEA a dito centro especializado”.

Outro dos problemas está nos parques infantís xa “que non existen recintos inclusivos, que son totalmente necesarios para o esparcemento a integración social dos nenos e nenas con diversidade funcional”, afirma. M. LAVANDEIRA

16 sep 2020 / 18:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.