Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan o arranxo da estrada provincial de Ponte do Porto a Camelle e Arou

Camariñas. A Corporación de Camariñas aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo grupo municipal do BNG para demandar a mellora da estrada provincial que conecta Ponte do Porto con Arou e Camelle. “Atópase en moi mal estado, cun pavimento degradado e numerosas bolsas de auga que as máis das veces impiden a circulación”, afirma ó respecto o responsable local do Bloque, Xurxo Rodríguez.

Na sesión tamén foi avalada outra das propostas nacionalistas para esixir á Xunta o remate e a gratuidade da autoestrada da Costa da Morte, a mellora do transporte público e o estudo para que o tren chegue a estas comarcas.

Menos sorte tivo o BNG coas súas emendas aos orzamentos da Xunta de 2023. Así, para o Concello de Camariñas demandaban actuacións para evitar as continuas inundacións na desembocadura do río da Area en Camelle, e tamén o saneamento integral da ría de Camariñas, ademais da mellora do transporte público no municipio.

“O PP pasou a roda cun non, como acostuma responder a calquera iniciativa que mellore a Costa da Morte”, sinala Xurxo Rodríguez, a pesares de que “algunhas das propostas sexan moi necesarias e urxentes”. M. LAVANDEIRA

24 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.