Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 02 agosto 2021
19:18
h

Demandan que se acondicionen os paseos marítimos e as praias de Fisterra

Fisterra. O presidente da Asociación de Veciños de Fisterra, José Fernando Carrillo, remitiu un escrito ao alcalde solicitando que o Concello realice as actuacións necesarias nos paseos marítimos e praias para que estean en condicións óptimas “ao fin de que os veciños e visitantes poidan gozar delas durante o verán, facéndolles esquecer os momentos difíciles que sufrimos coa pandemia”.

Asegura que algúns espazos están deteriorados polo paso do tempo, as tormentas do inverno e outros debido aos actos vandálicos. Dende o colectivo veciñal consideran necesario un desbroce xeral nos paseos de Sardiñeiro, Langosteira, Corveiro e Mar de Fóra, así como o pintado das farolas, a renovación de elementos danados ou perdidos nas duchas e baños de pés das praias (especialmente en Corveiro), así como a reposición da madeira rota ou danada nos accesos aos areais de Langosteira, Sardiñeiro e Mar de Fóra. J. M. R.

12 may 2021 / 16:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.