Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 19 septiembre 2021
02:37
h

Demandan que se dote cun quitamedos un tramo perigoso da estrada de Lires

O BNG asegura que se cortaron unhas árborres que facían esa función

O portavoz do BNG de Cee, Serxio Domínguez, asegura que “debido a corta de árbores en propiedades privadas preto do polideportivo de Lires, xunto ao transformador eléctrico en dirección Cee, nestes intres a estrada presenta un aspecto perigoso en caso de accidente ou saída de vía dun vehículo”. O importante desnível de varios metros de altura, engade, “poden supór que un contratempo leve a calquera vehiculo a caer até a vía que vai a praia e a igrexa, o que claramente pode supór a perda de vidas humanas”.

Até o momento da corta das citadas árbores, estas facían a laboura de contención en caso de incidentes, “mais agora sen elas o perigo aumentou exponencialmente, polo que desde o BNG solicitamos a colocación dun quitamedos que sirva de protección ante casos como os citados”.

21 jun 2021 / 19:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.