Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan que se manteña o servizo administrativo do ISM en Corcubión

Corcubión. A CIG demanda que se manteña a actividade do servizo administrativo do Instituto Social de la Marina (ISM) de Corcubión e se proceda “de inmediato a cubrir a vacante, xa que este servizo debe ser o máis próximo aos traballadores e traballadoras do mar”, afirman.

Rexeitan que se estea a primar criterios de carácter economicista “antes que a condición de servizo público que ten que prestar o ISM”. A CIG dirixiuse ao Consello Xeral tras coñecer o traslado do persoal que até agora se encargaba de realizar as tarefas administrativas na oficina de Corcubión, ofrecéndose como única alternativa ás traballadoras e traballadores desprazarse até a Casa do Mar de Fisterra ou chamar a un número de teléfono, que é o de cita previa. A directora provincial confirmáralle á CIG que o servizo de rexistro ía deixar de funcionar, aínda que o ISM non ten previsto clausurar o centro de Corcubión.

Porén, engaden, “tendo en conta que se quixo deixar de facer o servizo de sanidade marítima -que agora se está a prestar de xeito temporal e nunhas condicións precarias-, o traslado do persoal administrativo supón o desmantelamento das instalacións ao deixar, de facto, sen actividade o centro e preparar o camiño para un futuro peche”.

De materializarse o cese total da actividade nesta oficina, “constituiría un grave prexuízo a todos os traballadores e traballadoras do mar, que se verán na obriga de ter que desprazarse a outra localidade para poder realizar as xestións pertinentes”, sinalan. Por iso, a CIG reclámalle ao Consello Xeral do ISM que non se deixe sen actividade o servizo administrativo de Corcubión e se cubra de inmediato a vacante desta praza.

28 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.