Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncia do comité de Xeal polos presuntos casos de acoso laboral

A empresa asegura que está cumprindo coa legalidade vixente e o plan de igualdade

Cee. O comité de Xallas Electricidad y Aleaciones (Xeal) presentou unha denuncia na Inspección de Traballo para que investigue “o proceder irda dirección ante os casos de acoso laboral e sexual denunciados por dúas traballadoras, xa que se incumpriu o plan de igualdade posto que a empresa nin adoptou medidas contra o presunto agresor, nin constituíu unha comisión de investigación, nin deu traslado á representación social”.

De feito, engaden, tras a posta en coñecemento das situación de acoso por parte das traballadoras, “a dirección tentou ocultar estas denuncias iniciando un proceso de pesquisas á marxe do establecido no seu plan de igualde e impedindo deste xeito que o comité e os delegados de prevención tiveran coñecemento da apertura dunha investigación e puideran participar da mesma, tal e como establece a lexislación.

Ademais, aseguran que “Xeal suplantou de maneira totalmente ilegal á representación unitaria dos traballadores nomeando un Defensor do Empregado e deixando así nunha situación de desamparo ás traballadoras que sufriron o acoso”. Para evitar estas eivas, aclaran que o protocolo de acoso establece a constitución dunha comisión de investigación cun representante dos traballadores ou unha persoa nomeada polas traballadoras, para que poidan estar presentes nos interrogatorios das testemuñas coas preguntas que consideraran oportunas para garantir o equilibrio.

Aínda máis grave, engaden, “resulta que, malia concluír que o denunciado incurriu en condutas non permitidas pola empresa no seu plan de igualdade, a empresa non tomou ningunha medida, dando cobillo a un individuo que leva a cabo condutas totalmente contrarias aos principios que ten aprobados”. Por todo isto, o comité agarda que a Inspección faga as investigacións oportunas e depure responsabilidades para que non se volvan repetir este tipo de actuacións.

Por su parte, desde a compañía aseguran que, “con el objetivo de asegurar los máximos estándares de ética y cumplimiento normativo de la entidad cuenta con procedimientos internos que se activan ante la existencia de cualquier comunicación o denuncia de supuesta vulneración de sus políticas o de la legalidad vigente. Algo que se realiza en todos los casos y sin excepción cumpliendo escrupulosamente con la legalidad vigente y lo establecido en el plan de igualdad de la compañía al respecto”.

MOBILIZACIÓNS. Por outra banda, o comité continuará este venres co calendario de mobilizacións diante da fábrica de Brens para esixir da Xunta que recoñeza a nulidade da operación de venda realizada por FerroAtlántica a TPG-Ithaka, por non terse requirido a autorización administrativa previa correspondente, “tal e como si se requiriu en 1992 para a adquisición de Carburos Metálicos”.

O comité pídelle á Xunta que interveña ante a empresa “para demandar a posta en marcha dos fornos e a cobertura dos postos de traballo destruídos dende a chegada de Ithaka, tanto no cadro de persoal como de emprego eventual, e na industria auxiliar. Esixen tamén a readmisión dun traballador despedido hai unhas semanas. J. M.

09 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.