Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncian un novo intento de Xeal para a segregación de actividades

O comité de empresa pídelle á Xunta que comprobe si está a cumprir a concesión

Cee. O comité de empresa de Xeal denuncia “un novo intento de segregación encuberto de actividades” ao intentar aumentar a produción eléctrica a través de dúas novas explotacións hidroeléctricas, mentres que na división de ferroaliaxes perdéronse “máis de 30 empregos fixos, aproximadamente 80 eventuais e a industria auxiliar practicamente desapareceu”.

Dende o comité entenden que Augas de Galicia “debe esixir á empresa un plan de viabilidade que contemple un incremento do emprego no complexo enerxético industrial, na mesma proporción que o aumento do caudal de auga solicitado para subir a produción de electricidade e deste xeito dar debido cumprimento á clausula esencial das concesións, que vincula a produción de enerxía á produción de ferroaliaxes nas fábricas de Cee e Dumbría”.

Considera que, antes de autorizar o incremento do caudal e novos proxectos hidroeléctricos, “a Xunta debe comprobar que Xeal está cumprindo a cláusula nos termos en que é interpretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenzas do 5 de novembro de 2020 e o 9 de maio de 1996”. A este respecto, sinalan que “cando menos, o número de persoas empregadas nas fábricas de Cee e Dumbría e nas centrais non debe ser inferior ao que había no momento do outorgamento da renovación da concesión de aproveitamento do encoro de Santa Uxía”.

Esixe ademais o comité que a empresa presente un “plano industrial e de viabilidade das fábricas”. M. l.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.