Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Divulgan na rede a historia das Torres do Allo, o primeiro pazo galego

Son as protagonistas do Documento do mes que publica o Arquivo da Deputación

A historia das Torres do Allo (Zas), o primeiro pazo galego, sae á luz nunha nova entrega do Documento do mes, unha iniciativa a través da que o Arquivo da Deputación da Coruña desvela anécdotas e curiosidades históricas da provincia.

Unha construción que é froito dunha intensa evolución histórica que vai desde os inicios do século XVI ata finais do XVII. Esta ampla ruptura temporal entre a edificación das dúas torres que compoñen o monumento, supón a hibridación do militar co palaciego e do tardogótico co mudéxar do barroco.

Os cincocentos anos de historia do primeiro pazo de Galicia comezan cunha etapa de máximo esplendor a finais do século XV, momento no que os Riobóo idean o levantamento deste inmoble. Ao longo das quince xeracións desta familia, prodúcese a habitual historia de ascenso social a través de ligazóns ventaxosas con outras familias fidalgas. Ademais do pazo, constrúense outros elementos como a Igrexa de San Pedro do Allo, que data do século XVI.

Xa na segunda metade do século XIX, Francisca, filla do deputado provincial Francisco Riobóo, convértese na primeira muller en herdar o Coto de Allo. Esta, cásase co reputado naturalista Víctor López Seoane, que se carteaba co mesmísimo Charles Darwin, e que é artífice do magnífico acceso ao pazo, unha avenida vexetal envolvente. Este deputado da familia Riobóo foi o derradeiro señor xurisdicional de Allo. É en o 1998 cando a Deputación toma as rendas e merca as Torres, nun momento no que só quedaban os muros. Tras anos de abandono, sobrevivira a ruína e a casa abatida xa empezaba a ser desposuída dalgúns signos do pasado esplendor, como os seus balcóns. Co obxetivo de recuperala e protexela, o ente provincial aproba no 1999 o proxecto de rehabilitación das Torres do Allo. A través desta achega o ente provincial continúa visibilizando o traballo de dixitalización do Arquivo Provincial, de importante valor como parte do patrimonio cultural galego, fonte de información e memoria das sociedades pasadas. As publicacións están comentadas pola historiadora e directora do Arquivo Provincial, Carmen Molina Taboada.

A publicación pódese consultar a través da ligazón https://arquivo.dacoruna.gal/files/7016/2875/1238/Documento_do_mes_septie mbre.pdf.

06 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.