Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dotarán cun sistema de depuración de augas residuais a Trasufre

Construirase unha estación para poder dar servizo ao medio cento de veciños

Muxía. O Concello muxián adxudicou as obras para dotar dun sistema de saneamento e depuración de augas residuais ao núcleo rural de Trasufre, onde residen uns 50 veciños e veciñas.

Os traballos, nos cales se investirán 132.501 euros, contarán coa financiación da Deputación Provincial da Coruña a través do Plan Único (POS+2019). Permitirán construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), que estará ubicada nunha parcela de uso agrícola cercana ao lugar de Trasufre e poñerá en servizo a rede existente no lugar.

A planta, con tecnoloxía biolóxica e leitos bacterianos, contará con pretratamento de augas residuais, tanque Imhoff-dixestor anaerobio, cámara de descarga, biofiltro aerobio e sistema de decantación secundaria. Os traballos incluirán tamén a execución de 417 metros de conducción de saneamento de PVC de vinte e cinco milímetros e once pozos de rexistro.

O rexedor muxián, Iago Toba, destaca que “esta infraestructura require dunha gran inversión económica e cumplirá unha das promesas que fixemos cando asumimos o goberno local. A depuradora será construída no núcleo rural de Trasufre e empregarase unha tecnoloxía e instalación adecuada aos avances, para mellorar a calidade de vida da veciñanza”. J. M. r.

14 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.