Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dumbría recupera o caixeiro automático

O martes, día 26, haberá unha sesión formativa para facilitar o uso a toda a veciñanza

Desde o venres xa está operativo o caixeiro de Abanca para a prestación dos servizos financieiros en Dumbría. Está ubicado no local que a entidade bancaria posúe na capital municipal e que foi arrendado ao Concello para que a veciñanza poida dispoñer deste servizo.

O martes, día 26 de abril, en horario de 11.00 a 13.00 horas, terá lugar unha actividade formativa impartida por persoal de Abanca para asesorar sobre o uso do caixeiro ás persoas que así o precisen. A formación impartirase nas oficinas do mesmo edificio.

Este caixeiro automático permitirá aos habitantes do concello cubrir, entre outras, as seguintes necesidades: disposición de efectivo, reintegros, consulta de saldos e movementos, pago de recibos e tributos, realización de transferencias nacionais, traspasos entre contas, para clientes, activación de tarxeta, cambio do seu PIN e do idioma co que se interactuará no caixeiro (galego, o castelán ou inglés).

Ademais prestarase un servizo de asistencia financeira nas dependencias, que permita proporcionar ao habitantes do concello un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional, como o asesoramento en produtos e servizos financeiros, contratación de operacións de activo ou pasivo, etc., agás a prestación do servizo de caixa.

Tamén se brindará formación financeira e banca electrónica nas dependencias, que permita aos habitantes do concello adquirir as nocións básicas para aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

09 abr 2022 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.