Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Educación acometerá a mellora do parque do colexio de Os Muíños

Investirá uns cinco mil euros na renovación do chan, segundo sinalan dende o PP de Muxía

Muxía. A Consellería de Educación investirá 5.000 euros nas obras de mellora da base do chan do parque infantil do colexio de Os Muíños (Muxía), segundo confirmou a concelleira do PP, Sofía López, quen agradeceu “o compromiso adquirido polo Goberno autonómico”.

Os populares din que seguen esperando “a que o executivo local convoque o pleno extraordinario solicitado pola súa formación para abordar a grave situación de abandono na que se atopa o parque infantil pola falta de mantemento do Concello”, a pesares das promesas do alcalde. Destacan, pola súa banda, “o interese mostrado polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, quen, nunha reunión mantida con Sofía López, comprometeuse a realizar a actuación”.

Aseguran que seguen á espera tamén de que o Goberno local atenda as necesidades e as demandas que, “desde hai tempo, vén reclamando a comunidade educativa do centro”, apuntou López, integrante tamén da ANPA de Os Muíños. Subliñou ademais a concelleira do PP que “a Xunta de Galicia investirá unha partida a pesar de que o executivo autonómico non ten competencias nesta materia, tal e como establece o acordo para o desenvolvemento do pacto local asinado pola Consellería de Educación e a Fegamp no ano 2006”. M. L.

10 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.