Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Elevarán ao Parlamento as carencias no consultorio médico de Cee

O BNG denuncia que “está desbordado” pola nova variante da covid e pola falta de persoal

O BNG de Cee denuncia que nos últimos días o centro de saúde local "está totalmente desbordado pola situación provocada pola variante da Covid que estamos a padecer, un problema que non se circunscribe tan só a noso municipio, se non que somos conscientes de que sucede noutros cercanos como Dumbría ou Vimianzo, mais que por iso non imos deixar de estar precupados polo asunto”, afirman.

Nestes intres, indican, hai tres de cinco facultativos traballando e catro de cinco profesionais de enfermaría. No que ten a ver co persoal de administración, están todos “mais vense totalmente desbordados pola situación”.

“Xa estamos fartos de escoitar sempre o mesmo, non hai médicos para contratar, non hai enfermeiras, nós queremos pero.... Continuamente coa mesmas frases feitas que tan só serven para encubrir a ineptitude de quen goberna o país. Mentres nos menten, as profesionais seguen a sair a buscarse a vida fóra das nosas fronteiras e seguimos formando profesionais para que emigren”, engaden.

No relativo ao persoal de administración a situación é distinta, “hai traballadoras nas listas esperando a ser chamadas pero a Xunta segue a mirar para outro lado”. A este respecto, dende o BNG din ter constancia “de que nos últimos días se están dando casos de persoas que chaman até setenta veces ao centro de saúde para poder comunicarse cos médicos para poder saber como actuar co seu familiar enfermo de Covid. Mais de un, e polo retraso na atención, ten que acabar no hospital”, sinalan.

Dende o BNG din ser conscientes da gravidade da situación, “mais estamos falando de vidas humanas, polo que non podemos quedar impasibles ante tamaño atropelo aos nosos dereitos”, afirma Serxio Domínguez, portavoz do BNG de Cee. Por iso, van levar ao Parlamento galego, por medio do deputado Daniel Pérez, a situación e pedirán explicacións e responsabilidades. Ademais, animan a toda a persoa que lle pasen casos similares que presente a correspondente reclamación “para facerlle ver a realidade a quen ten as competencias na materia”.

08 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.