Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 04 julio 2022
18:19
h

Elexidas as cinco obras da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

As representacións serán os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio

Despois do visionado da 28 obras que se presentaron, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras que se representarán nesta quinta edición. O ciclo comezará o día 23 de abril con Casting, de Hipócrita Teatro, no auditorio de Zas, e continuará o día 30 con Olimpo’s, de Farandoleiras Cabaré, no auditorio de Baio.

Xa en maio, o día 7, a Escola Municipal de AA. EE. da Estrada presentará Sobre o mal que fai o tabaco, en Zas. O día 14 será o turno de Un desastre de función, de Gargallada Teatro, en Baio, e pechará a mostra o día 21, A derradeira cea, de Fauna 113, na capital municipal.

O xurado decidiu que quedaran en reserva as seguintes obras de teatro: Crime desorganizado, da Agrupación Teatral Mariñán; Porcos do País, de Teatro do Ar e A Lola, de Avelaíña Teatro.

Nesta quinta Mostra de Teatro Afeccionado repartiranse 3.500 euros que se distribuirán en premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un e que outorgará o xurado. Tamén haberá un premio de 200 € para a mellor obra de teatro elixida polo público. A entrega será o domingo 29 de maio a partir das 18.00 horas no auditorio de Baio.

13 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.