Encaixes de Camariñas e árbores derrubadas por 'Filomena' convertidas en arte
A creadora Rocío Utray amosará o seu bo facer nunha mostra que se poderá ver na capital do Vilán do 19 de xullo ao 16 de agosto
Converter en arte os danos dun furacán semella difícil, pero iso é o que pretende Rocío Utray, a autora da exposición Filomena, que acollerá o Museo do Encaixe de Camariñas. Precisamente, o encaixe local estará moi presente nesta mostra, e vestirá os troncos que o furacán deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón (Madrid).
O traballo de Utray verá a luz o vindeiro luns, 19 de xullo, ás 12.00 horas. As persoas interesadas en visitala poderán achegarse ata o 16 de agosto no horario de atención ao público (de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas). Ao acto inaugural acudirán a alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, e a edil de Igualdade, Begoña Tajes, ademais da propia comisaria de Filomena.
14 jul 2021 / 21:04
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.