Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Enchen de traballos veciñais e de artistas o Museo de Arte Contemporánea de Corme

Ponteceso. O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, o Maccmo de Ponteceso, vai elevar neste verán a Corme, onde se ubica, e ao propio Concello a encrucillada comarcal da cultura e o mellor arte. E, do mesmo xeito, vén de rematar o mes de agosto vestindo a súa fachada cun mosaico formado por 55 lonas, no que a pegada artística dos veciños está presente.

Así, durante estes meses estivais o Maccmo acolleu multitude de actividades e exposicións, dinamizando así a cultura e arte non só galega, senón que tamén nacional. Sen dúbida, a presentación da mostra Abelenda- Íntimo e inédito, foi un dos acontecementos máis importantes que durante este verán acolleu o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Unha exposición que se compón das creacións de Alfonso Abelenda, un dos grandes creadores plásticos galegos, sendo a peza principal un gran cadro de 1997, titulado Autorretrato ou máscara cos pinceis”. Trátase dunha atrevida visión do último retrato: A máscara mortuoria. Este cadro tan só se expuxo ao público no seu funeral e agora dous anos despois no Museo de Arte contemporánea de toda esta bisbarra do occidente coruñés.

Por outra banda, o MACCMO e grazas á colaboración da Asociación cultural Ínsua de Viastela de Corme e o Concello de Ponteceso, achegou de novo os buques ata o municipio, coa exposición fotográfica Barcos mercantes-pataches feitos na Ría do Anllóns-Unha ollada á construción nos nosos estaleiros.

As letras tamén estiveron presentes durante este verán no Maccmo acollendo o ciclo de lectura de relatos curtos, organizado pola Asociación Cultural Ínsua de Viastela de Corme e enmarcado no programa Un Mar de relatos, que se levou a cabo todos os mércores do mes de xullo e agosto. Pero tamén a través das presentacións que se desenvolveron de diversas obras literarias, como foron a do libro O tesouro de Brando de Manuel Regueiro González Barros; do poemario A estrela de Anís, da autora Encarnación Pisonero, entre moitas outras. o.d. vilar

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.