Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 30 junio 2022
17:26
h

Encontro literario no IES Maximino Romero de Lema con Laura Suárez

Zas. A escritora Laura Suárez compartiu o proceso da escrita do seu libro Monte Pindo, Historias e Lendas do Olimpo Celta co alumnado de primeiro da ESO do IES Maximino Romero de Lema, de Baio, no marco do IV Mes do Libro. Unha obra que mergulla de xeito ameno e divulgativo na historia, nas lendas e noutros feitos que converten ao Monte Pindo en enclave máxico do patrimonio natural da Costa da Morte. A autora contou o proceso de documentación, con gran axuda de Pepe do Fieiro e Xil, especialistas na zona, e como despois empezou a realizar debuxos que posteriormente acompañou de pequenas frases. Meigallos con animais, a fertilidade, os refuxiados da Guerra Civil, rituais para doentes que aínda hoxe se seguen practicando son algún dos temas que se reflicten neste libro.

Dende o centro aseguran que o encontro con Laura Suárez “cumpriu pedagoxicamente co obxectivo fundamental do que debe ser a educación cívica”. M. L.

26 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.