Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entregados en Vimianzo o premios da Rede Business Network International

VIMIANZO. O auditorio de Vimianzo acolleu a entrega das distincións da Rede Mundial da Business Network International, que recoñecen o traballo realizado por grupos empresariais a nivel autonómico en 2020. No acto de entrega participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o director nacional de BNI España, Mark Gibson e a directora executiva de BNI en Galicia, Susana Gómez, e o director executivo de BNI, Juanjo Molinos.

Por categorías, recoñeceuse o papel de Alberto Pazos, de Teletécnicos; Beni Costas, de Talleres Ruso; Cristina Cortiñas, de Pétalos Decoración e Fernando Rivas, de Integradata dentro do apartado de Membros fundadores. Na categoría “Directores 5 anos”, Fernando Álvarez, de Acción de Coruña e Ébano de Arteixo; Juan Carlos Villada, de Oro e VCR Breogán de Lugo e Rubén Couñago, de Terra Mar del Barbanza foron os nomes anunciados nesta gala.

No sector do Gold members, Manuel Rodríguez, de grupo Reconquista de Vigo; Eladio Martínez, de Grupo Up de Vigo; Jesús Orgueira, de Grupo Brigantium da Coruña; Antonio López, de Grupo Albatros Ferrolterra; José Manuel Mato, de Grupo Dolmen Costa da Morte; Pepa Medina, de Grupo Up de Vigo; Lina Río, de Grupo Ágora de Vigo e Javier Fidalgo, de Grupo Dolmen Costa da Morte foron os destacados.

Pola súa banda, o Membro con maior GNC xerado en España no ano 2020 foi José Antonio Misa, de Hormigones Valle Miñor, mentres que o Grupo con máis GNC acumulado” foi para Verbum, mentres que Up e Cenit, de Vigo, foron distinguidos como Grupos platino. O Grupo

Dolmen Costa da Morte foi escollido tamén como mellor Grupo Titanio; Albatros, de Ferrolterra, foi concebido como mellor Grupo Diamante, namentres que Antonio López de Ortegal Oil-Grupo Albatros foi recoñecido como Mellor membro BNI España CNM e o Mellor grupo BNI España CNM recalou tamén no Grupo Dolmen Costa da Morte, que recolleu ata catro galardóns diferentes.

José Manuel Mato e Javier Fidalgo, elexidos Gold Members, foron as distincións a nivel internacional acadadas por este grupo de traballo conformado por 75 empresarios da Costa da Morte, dentro da rede de networking “máis grande do mundo”.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou “o esforzo e implicación de todos os axentes participantes nesta gala, con organizacións entendidas desde a base, nas que só se entenden as sinerxias e a colaboración como principais ferramentas de avance”, e parabenizou “a todas e todos tanto polas distincións acadadas como polo esforzo nun ano tan duro como 2020.”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, felicitou ao Grupo Dolmen polo recoñecemento obtido por parte de BNI Galicia, e destacou a importancia de crear redes e fomentar sinerxias entre o tecido empresarial e os emprendores e emprendedoras. “Unha estratexia que a Deputación tamén impulsa a través da súa rede de centros de Traballo Colaborativo, da que xa forman parte os concellos de Oleiros, Brión, Ames, Carballo, Boiro, Moeche e A Capela, que tamén contan con centros de traballo colaborativo especializados en diferentes sectores estratéxicos no seu territorio.”

O director Nacional de BNI España, pola súa banda, sinalou que “a razón de ser é axudar ás empresas a medrar, conseguindo máis clientes mediante a colaboración doutras. Non lembro un tempo cando este tipo de colaboración fose máis importante que agora, e as persoas que integran a rede de BNI en Galicia son un exemplo a seguir neste senso. Enorgulléceme entregar este recoñecemento ao esforzo destes empresarios galegos.”

23 abr 2021 / 20:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.