Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escape Room nas Torres do Allo

Zas. As Torres do Allo recuperan o popular Escape Room, unha actividade deseñada polo Concello de Zas para coñecer a historia e segredos do pazo máis antigo de Galicia a través dun xogo de escapismo.

Este ano o primeiro Pazo Escape do mundo volve ademais con temática e probas renovadas. Agora será o demo burlón da Torre Viexa o que porá a proba ás persoas participantes, que deberán ir resolvendo a contrareloxo diferentes enigmas e misterios vinculados ao edificio e aos seus antigos habitantes para conseguir fuxir no menor tempo posible. Poderá facerse de luns a sábado, ás 16.00 horas da tarde e entre o 6 de xullo e o 15 de setembro. O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente limitado a 60 minutos.

O Demoscape Room do Allo é unha actividade gratuíta, orientada a público adulto e para participar será preciso facer unha reserva enviando un correo a info@torresdoallo.gal co nome da persoa que reserva, número de participantes (entre 2 e 5 persoas), teléfono de contacto, correo electrónico e día da reserva.

A reserva farase efectiva mediante envío dun correo de confirmación por parte da organización das Torres do Allo. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, e se chove paraugas, para moverse polos exteriores do pazo.

30 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.