Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen pasos adiante para que o Camiño dos Faros sexa homologado

Dende o PSOE din que aínda non se fixo nada a pesares do acordo acadado no mes de decembro no Parlamento galego

Malpica. O deputado socialista Martín Seco vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cumpra co mandato acordado en decembro para desbloquear a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido –GR-. Lamenta que dende que foi aprobado “nin tan sequera teñen chamado aos alcaldes dos nove concellos afectados”.

Aquel acordo, lembra, pedíalle á Xunta que tomara a iniciativa para convocar unha mesa de traballo multilateral coa participación da Deputación, os concellos, a Asociación de Turismo Costa da Morte –ATCM–, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo para desbloquear o proceso. Sen embargo, lamenta, a día de hoxe “non consta que o goberno galego teña feito ningunha chamada aos alcaldes para cumprir co mandato parlamentario”.

Seco lembra que o obxectivo era “conseguir a homologación e planificar o futuro dunha actividade que mobiliza ata 20.000 visitas anuais á Costa da Morte e Bergantiños”. Urxiu ao goberno galego a traballar para “salvar os escollos, principalmente medioambientais, coa titularidade das leiras ou a porcentaxe de asfalto que presenta a proposta, coas modificacións propostas pola Asociación Camiño dos Faros, promotora do proxecto”.

Sinala que o colectivo vén de manter unha xuntanza coa Federación Europea de Sendeirismo, xa que “o Camiño dos Faros pode ter o selo Leading Quality Trail”. M. L.

10 may 2021 / 18:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.