Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen unha zona de varada para o porto corcubionés

COSTA DA MORTE. Ante a prohibición da Xunta de que os barcos poidan varar no porto de Corcubión para realizar reparacións, limpezas ou pintado dos mesmos, o BNG vén de denunciar a situación no Parlamento a través da deputada Rosana Pérez, quen presentou varias iniciativas, ao considerar que “é unha nova afrenta á frota artesanal e de recreo, que veñen varando no porto corcubionés dende que hai memoria”. Lois Lado, portavoz municipal do BNG, considera que “este é un castigo do Partido Popular a Corcubión, ata que acaben co pouco que hai non han parar, todo é prohibir, pagar e eliminar servizos. Queren acabar con nós, e non llo podemos consentir”. M. Lavandeira

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.