Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espectáculo de son, acrobacias e lume o sábado para iluminar as rúas de Muxía

Na Laracha abriron o prazo para participar no plan Harmoniza nas vacacións navideñas

Muxía. O Concello de Muxía dará o pistoletazo de saída das actividades de Nadal co acendido das luces, que terá lugar este sábado, 3 de decembro, no paseo marítimo da capital municipal.

O acto, que dará comezo ás 19.00 horas, contará co espectáculo de sons, lume e acrobacias A luz da lúa. Ademais, todas as persoas asistentes poderán degustar, de balde, chocolate con churros.

Desde o goberno local invitan “a toda a veciñanza a que se acheguen ata o paseo marítimo para gozar dunha xornada chea de maxia e para toda a familia”.

Pensando tamén no Nadal, o Concello larachés abriu xa o prazo de inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestarán a través do Programa Harmoniza. Conciliando na Laracha. O prazo para solicitar a praza remata o 15 de decembro.

O servizo estará operativo coincidindo coas vacacións nos centros de ensino de luns a venres (agás festivos) entre as 7.00 e as 14.00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo. Poderase optar por días soltos de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario. Tamén se poderá escoller entre utilizar o servizo en horario completo ou reducido. O programa inclúe acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.

Asemade, este ano porase en marcha un novo servizo gratuíto de canguros, dirixido a familias con nenas e nenos desde os catro meses e ata os doce anos de idade. M. l.

30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.