Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espectáculo musical e visual de Mitic en Cee coa gaita como gran protagonista

COSTA DA MORTE. Baixo o lema Descubre os límites da gaita e deixa que che conte a banda sonora da túa vida, o grupo Mitic chega a Cee o venres, día 27 ás 22.30 horas, co espectáculo musical e visual co que leva cinco anos percorrendo escenarios de toda España. Quenes asistan ao concerto poderán descubrir e gozar de todas as potencialidades da gaita rememorando temas e artistas que forman parte da historia da música, como Frank Sinatra, Os Beatles, Queen ou Bon Jovi, entre outros.

Álvaro Costas, coa primeira gaita LED da historia, Cris Macías e Suso Costas, acompañados dun selecto elenco de músicos de referencia en Galicia, que complementarán os sons da gaita, farán un percorrido pola historia da música en formato de película.

“É un espectáculo pensado para toda a familia, xa que recolle grandes éxitos musicais dende os anos 30 ata os 90”, afirma Álvaro Costas. O obxectivo desta innovadora proposta musical é “achegar e fomentar todo o potencial da gaita, que ten grandes embaixadores en Galicia, pero que nós queremos que o seu son chegue tamén a quenes non son fanáticos deste instrumento”, engadiu. Para iso, Mitic emprega como fío condutor a música que marcou a historia, aderezando os sons da gaita cos do violín ou a guitarra eléctrica. Unha aposta coa que xa conquistaron ao a media España, despois de percorrer Madrid, Zaragoza, Cantabria e Asturias, ademais de actuar nas festas da Peregrina, San Froilán e nas de Vigo, entre outras.

O concerto, que terá como escenario a praza de Cee, está enmarcado dentro dos actos do Ano Xubilar Mariano da Virxe da Xunqueira, que organiza a Asociación de Amigos da Xunqueira, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Cee. J. M. R.

26 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.