Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Exposición de fotos antigas sobre a evolución no tempo das Torres do Allo

O alcalde Manuel Muíño Espasandín e a concelleira Pilar García inauguraron este venres a nova exposición temporal que se pode ver no pazo das Torres do Allo organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña.

As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga é un percorrido a través de doce fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.

As fotografías expostas, cedidas polo autor, pertencen ao arquitecto técnico José Luís Álvarez Arias que escolleu a rehabilitación do pazo máis antigo de Galicia como proxecto de fin de carreira e polo que lle foi outorgado o premio Fin de Carreira polo Colexio de Aparelladores de Asturias.

As imaxes foron tomadas dende o ano 1981 ata o final da década de 1990 e son as primeiras que se coñecen do interior do pazo. Tamén estará dispoñible un documental do ano 1985 que foi incluído na serie Vivir cada día de RTVE, no que se interpreta a campesiños e campesiñas pagando as rendas ao Allo no século XVIII, mostrando desta maneira o interior do pazo.

A exposición poderá visitarse nas Torres do Allo durante as horas de apertura, isto é, os sábados, domingos e festivos de 11.00h a 19.00 horas.

17 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.