Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece tras sufrir unha indisposición e saírse da estrada en Corcubión

Outra persoa resultou ferida nun accidente na AC-550 entre Gures e Ameixenda, en Cee

Unha persoa faleceu esta mañá cando circulaba co seu turismo pola AC-445, ao seu paso polo concello coruñés de Corcubión. Foi un particular quen deu a voz de alarma sobre as 11.45 horas ao 112 Galicia despois de atopar á vítima inconsciente no interior do vehículo, que se saíra da vía.

A partir de aí, activouse un operativo formado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil, que, arestora, tratan de esclarecer as causas do falecemento, xa que as circunstancias indican que a persoa puido sufrir unha indisposición previa ao accidente.

Ademais das forzas da orde e dos servizos sanitarios de urxencia, ata o lugar dos feitos tamén acudiron os bombeiros de Cee, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Os bombeiros de Cee tamén tiveron que asistir a outra persoa que resultou ferida tras sairse da estrada o vehículo que conducía pola AC-550, no treito comprendido entre Gures e Ameixenda, no municipio ceense. As asistencias sanitarias trasladaron ao ferido ao hospital.

25 oct 2022 / 13:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.