Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Feirauto celebra esta fin de semana na praza Jorge Mira de Baio a súa cincuenta edición

A feira do automóbil cumpre vinte e cinco anos // Conta co apoio do Concello de Zas e a Fecom // Os profesionais do sector entregaron unha placa a José Gabín

A nova praza Jorge Mira Pérez, de Baio (Zas), acollerá os días 29, 30 e 31 de xullo a cincuenta edición de Feirauto, unha das feiras do automóbil de referencia en Galicia, que cumpre vinte e cinco anos.

Será unha edición especial, que recupera o formato de exposición na que os talleres participantes exhibirán todo o seu stock na nova praza de Baio. Os asistentes poderán atopar unha gran selección de vehículos seminovos, de ocasión, km0, eléctricos, industriais,... Todos eles avalados cunha garantía de 12 meses.

Durante os días da feira realizaranse importantes descontos e ofreceranse unhas boas condicións de financiación. Como vén sendo habitual, a cincuenta edición de Feirauto está organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Fecom, coa colaboración do Concello de Zas.

Unha estreita colaboración dun dos sectores máis importantes da vila baiesa co Concello e coa Federación de Empresarios de Costa da Morte (Fecom), que os profesionais do automóbil agradeceron no acto de presentación desta edición tan especial, no que participaron os xerentes de todos os talleres que, ao longo da súa historia, deron vida a esta feira. Asemade, fixeron entrega a José Gabín, presidente da Fecom, dunha placa en recoñecemento ao apoio brindado a este sector e, á feira en particular, dende os seus comezos.

26 jul 2022 / 10:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.