Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feirauto ofertará uns douscentos coches esta fin de semana en Baio

Quenes se animen a comprar recibirán un cheque-regalo de 200 euros para combustible

Zas. A casa do concello de Zas acolle estes xoves, día 17, a presentación da corenta e sete edición de Feirauto, unha das feiras de coches usados máis antigas de Galicia. Ao longo de tres días (venres, sábado e domingo) ofertará uns 200 vehículos de ocasión de todos os modelos.

Organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom), en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas, os talleres participantes ofrecerán durante os tres días importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación. Aseguran que “todos os coches están 100 % revisados e contan con 12 meses de garantía”.

Ao igual que nas últimas feiras, nesta edición todas as persoas que compren o seu vehículo durante os días das xornadas de portas abertas terán un regalo directo, xa que xunto co seu coche entregaráselle un cheque-regalo de 200 € para combustible.

Dende a organización agardan que esta edición sexa tamén a da recuperación dunha nova normalidade, e que a liberdade de mobilidade atraia a numerosos compradores ata a vila baiesa.

O acto de presentación terá lugar ás 20.00 horas e está previsto que asistan, xunto cos representantes dos talleres promotores, o alcalde de Zas, Manuel Muíño. J. M.

16 jun 2021 / 15:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.