Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferida unha moza ao chocar un coche contra un poste de formigón en Fisterra

Viaxaba de acompañante e tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Cee // Os outros tres ocupantes poideron saír do turismo polo seu pé

Os bombeiros de Cee tiveron que excarcerar este mediodía a unha moza que viaxaba de acompañante nun turismo que se saíu da vía e acabou batendo contra un poste de formigón da rede eléctrica no lugar de Hermedesuxo de Abaixo, en Fisterra. No vehículo viaxaban outras tres persoas, que conseguiron saír polo seu pé.

A moza, debido á deformación do coche e á posibilidade de que poidese sufrir lesións graves, tivo que ser excarcerada, para o cal os bombeiros tiveron que retirar o teito do vehículo para facer espazo para a súa extracción, seguindo as indicacións dos sanitarios do helicóptero do 061 que se desprazou ata o lugar. Finalmente, a ferida foi trasladada en ambulancia ao hospital de Cee.

Ademais dos bombeiros e sanitarios, tamén participaron no auxilio dos accidentados voluntarios de Protección Civil de Fisterra e a Garda Civil de Tráfico.

19 jun 2021 / 17:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.