Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferido o condutor dun tractor que se saíu da vía en Camariñas

Sucedeu na estrada AC-432 en dirección a Vimianzo // O home foi trasladado en ambulancia ao hospital de Cee

Un tractorista resultou ferido de diversa consideración ao sairse da vía o tractor que conducía cando circulaba pola estrada AC-432, á altura da Ponte do Porto (Camariñas). Segundo os datos aportados polo alertante que chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda, o condutor que circulaba por dita estrada rematou na cuneta. Aseguraba que non estaba atrapado, pero si precisaba asistencia sanitaria.

Os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado desprazaron unha ambulancia cara o punto. Así mesmo, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Camariñas. Finalmente, tras ser estabilizado, o ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital Virxe da Xunqueira.

02 jul 2021 / 19:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.