Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferido un ciclista que caeu cando baixaba as rampas de acceso ao mirador do Ézaro

Foi el mesmo quen alertou ao 112 // Tivo que ser trasladado en ambulancia o ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Un ciclista resultou ferido tras sufrir unha caída cando descendía polas rampas do Ézaro (Dumbría) e tivo que ser trasladado ao hospital. Sucedeu preto das 23.00 horas e foi o propio ciclista quen alertou ao Servizo de Emerxencias 112, explicándolle que debido ao forte golpe tiña dor nas costas polo que precisaba de asistencia médica.

Ata a zona foron mobilizados equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 que, tras prestarlle as primeiras asistencias, procederon á súa evacuación en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, onde quedou ingresado.

Ao parecer o ciclista estaba participando, xunto con outros compañeiros no reto Everesting, que consistiu en ascender trinta e seis veces as rampas do mirador do Ézaro. Cando xa rematara e baixaba polo mesmo percorrido perdeu o control da bicicleta e caeu por un barranco.

29 jun 2022 / 12:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.