Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferido un neno que foi atropelado en Vimianzo

Un neno resultou ferido ao ser atropelado pasadas as once da mañá no lugar de Carantoña, en Vimianzo, e tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. O suceso tivo lugar na estrada comarcal AC-432, á altura do punto quilométrico 7, segundo informa o 112.

Ata o lugar foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, e tamén os bombeiros de Cee e Protección Civil de Vimianzo. Nun primeiro momento mobilizouse tamén un helicóptero medicalizado, pero finalmente o menos foi trasladado en ambulancia.

14 may 2021 / 13:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.