Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fisterra abre os días grandes da Semana Santa coa representación da Última Cea

A Semana Santa de Fisterra adéntrase nos seus días grandes. Este xoves celebrarase un dos actos centrais: a representación da Última Cea e o tradicional Lavatorio de pés, a partir das 20.00 horas na igrexa parroquial. A continuación, no recinto do adro celebrarase a Oración no Monte das Oliveiras e o Prendemento de Cristo para rematar coa Procesión do Paso da Oración do Horto, que irá acompañada pola Banda Desideiro Paz.

O Venres Santo, ás 12.00 horas comezará o Vía Crucis na praza de Santa Catalina, seguido do Santo Encontro na praza da Constitución. A comitiva irá acompañada polas bandas de Santa Cruz de Rivadulla e Arca-O Pino. Pola tarde, a partir das 20.00 horas a igrexa de Santa María das Areas acollerá o acto do Desencravo de Xesús, que culminará coa Procesión do Santo Enterro, unha das máis arraigadas e de maior fervor da Semana Santa fisterrá. A música poñerana as badas de Arca-O Pino, Santa Cruz de Rivadulla e Desiderio Paz, de Fisterra.

Logo dun sábado de meditación e vixilia, o domingo chegará o acto central coa representación da Resurrección de Cristo, a partir das doce do mediodía. Personaxes vivintes recrearán un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a boa nova da Resurrección do Señor. Un anuncio que será recibido co repique de campás, unha traca de fogos de artificio, o izado de bandeiras e a solta de pombas da paz.

14 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.