Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fisterra rende homenaxe ao Nobel Camilo José Cela en Langosteira

O escritor pasaba os veráns nos anos 80 nesta vila e alí ideou a novela ‘Madera de boj’

Fisterra. A Fundación Pública Galega Camilo José Cela participa este sábado na homenaxe ao escritor organizada en Fisterra co gallo do 20 aniversario do seu pasamento. No acto, organizado polo Concello e o Hotel Bela Fisterra, o bibliotecario da Fundación, Iván Rodríguez Varela, abordará a relación do Premio Nobel de Literatura coa vila fisterrá, onde pasaba os veráns nos anos 80.

A praia da Langosteira foi o lugar elixido por Camilo José Cela para descansar no período estival e documentarse coa finalidade de escribir a que sería a súa derradeira novela, Madera de boj, sobre a que tamén falará o representante da Fundación. O labor de documentación, os lugares que visitou o autor ou as súas amizades son outros dos temas que se analizarán.

Trátase de acontecementos que tiveron lugar na década dos 80 e coinciden coa posta en marcha da Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, no concello de Padrón, onde naceu o escritor. Xunto ao bibliotecario intervirán tamén o profesor José A. Ponte Far, o poeta Modesto Fraga e o escritor e xornalista Paco López Barxas.

Con esta participación, a Consellería de Cultura e Educación quere poñer en valor o legado e os vínculos do autor con distintas áreas do territorio galego. A Xunta presentou o pasado mes unha ampla programación conmemorativa polo 20 aniversario do falecemento do Premio Nobel, que abrangue as catro provincias e inclúe accións e acordos con institucións de fóra de Galicia. M. L.

19 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.