Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fracasa outro intento para a elaboración dun convenio propio en Xeal

Dende o comité acusan á dirección de “falta de vontade” e seguen as mobilizacións

Cee. O comité de Xeal asegura que a empresa volveu a rexeitar a mediación solicitada pola representación social co obxectivo de retomar a negociación do convenio colectivo propio. “Con esta decisión, a dirección evidencia unha vez máis a súa total falta de vontade de diálogo e que o seu único obxectivo é recortar os dereitos que os traballadores e traballadoras e o persoal pasivo tiñan recoñecidos dende hai décadas”, afirman.

Din que se “bloqueou calquera posibilidade” de chegar a acordo para o que sería o décimo terceiro convenio colectivo de Xeal, “coa finalidade de facelo decaer, aproveitando as facilidades da reforma laboral aprobada en 2012 e que o articulado do convenio non tiña recollida a ultravixencia. E deste xeito, avanzar na precarización das condicións laborais, salariais e sociais porque o único que lle interesa á empresa é obter tallada do negocio enerxético, non manter a produción das fábricas nin o emprego”.

Dende o comité denuncian tamén a pasividade da Xunta de Galiza ante “o reiterado incumprimento das cláusulas concesionais, consentindo e amparando o espolio dos nosos recursos para que capital estranxeiro obteña millonarios beneficios coa produción de electricidade, mentres as fábricas permanecen sen actividade, sen os investimentos comprometidos e perdendo postos de traballo". Este xoves, 13 de outubro, os traballadores volverán a manifestarse en Santiago ás 10.30 horas dende o edificio administrativo de San Caetano até ás oficinas de Augas de Galiza. M. L.

13 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.