Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galardón para o club de lectura Baiolendo do IES Maximino Romero de Baio

O Ministerio de Cultura concedeulle 2.500 € polos logros acadados e as súas actividades

Zas. O traballo ao redor da lectura do IES Maximino Romero de Lema viuse recoñecido polo Ministerio de Educación, que na súa resolución do nove de decembro concedeu un premio de 2.500 euros aos logros acadados polo Club de Lectura Baiolendo.

Con este premio recoñécese tamén o labor do profesorado encargado de coordinar o bo desenvolvemento de todo o proceso. Todo un amplo elenco de actividades conformaron o encontro cos libros e coa lectura no instituto baiés: recensións de obras; photocall de Candorcas e unicornios, de María Canosa; encontros literarios con Laura Suárez, Nee Barros e Arantza Portabales; fotografías que recollen a esencia literaria; encontros trimestrais compartindo doces e reflexións das lecturas realizadas; elaboración de marcapáxinas; creación de vídeos ao redor da lectura; roteiro literario, etc.

Dende o centro aseguran que “este recoñecemento outorga folgos renovados para seguirmos apostando pola lectura como forma de aprender, de coñecer, de achegarse a universos distantes, de entender a importancia do noso patrimonio cultural que tecen escritoras e escritores e, sobre todo, de compartir a experiencia da literatura”.

Subliñan que, tal e como finalizaba a memoria que enviaron ao Ministerio de Educación, “cada libro ten unha luz. Cada lectura alumea un universo de resonancias. Baiolendo é iso e moito máis”. Ademais do baiés, foron premiados outros seis clubs de lectura de estudantes no ámbito nacional. M. L.

14 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.