Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Garanten a reparación da estrada de Cee-Touriñán

Muxía. O grupo de goberno de Muxía manifesta que mantén un continuo seguemento das obras da estrada de Cee a Touriñán e ten garantías, por parte da empresa constructora e da Autoridade Portuaria, de que se realizarán as reparacións pertinentes.

Os problemas na intervención xorden por mor das malas condicións meteorolóxicas durante o último tramo de execución, motivo polo que se decidiu suspender temporalmente as obras, aseguran.

O equipo de goberno, en coordinación coa alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, manteñen en todo momento un contacto permanente coa Autoridade Portuaria, institución responsable da obra, e coa empresa executora. As dúas, engaden, “son conscientes en todo momento do seguimento que se está a realizar por parte do Concello”. Desde o principio dos traballos, a empresa encargada “recoñeceu e asumiu que os defectos provocados por dita situación e comprometuse a emendalos en todo momento. Á súa vez, os técnicos detectaron as zonas de firme danadas e ofreceron garantías e dúas alternativas de solución: modificar e reparar as capas ou refacer os intervalos máis afectados”.

O alcalde muxián asegura que tanto el como o seu goberno “son os maiores interesados en que se acaben as obras e están a seguir de xeito rutunario o cumplimento das mesmas”.

Acusacións infundadas por parte do PP de Muxía

Por outra banda, dende o executivo muxián, din que o Partido Popular de Muxía como parte interesada, “pode acudir á Autoridade Portuaria para coñecer a situación da obra antes de publicar acusacións infundadas tanto ao alcalde como aos grupos de goberno de Cee e Muxía”.

O alcalde muxián, Iago Toba, aclarou que “o grupo municipal do PP tamén son parte interesada desta obra e, no canto de facer unha crítica construtiva, non se interesou por saber a verdade e contrastar a información, coma si fixo o goberno local. Unha vez máis, queren facer política con esta estrada e non velar polos intereses de todos os muxiáns e muxianas”.

“Tanto a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, como o alcalde de Muxía vémonos capacitados para resolver este tipos de problemas sen necesidades de asesoramento por parte da portavoz popular”, engadiu o rexedor. Ademais, desde o Concello de Muxía destacaron que “se esta intervención non se realiza dun xeito correcto, o grupo de goberno non aceptará a entrega. A propia obra en sí ten unha garantía e farase uso desta, se a estrada non se remata en óptimas condicións”.

20 ene 2021 / 16:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.