Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

GDR Costa da Morte suma os bens do de Bergantiños

zas. A Asociación Costa da Morte GDR reuniuse en asamblea ordinaria baixo a presidencia de Manuel Muíño en Baio, divulgando que asumen os bens patrimoniais do grupo de Bergantiños despois da súa disolución. Do mesmo xeito, informouse dos 16 proxectos produtivos e os 4 non produtivos por 2,7 millóns de euros que, tal como adiantou este xornal, consolidarán 40 empregos e crearán 15 máis.

Tamén aprobaron as contas 2020, cun excedente de 6.230 euros, e aprobáronse os orzamentos 2021 por unanimidade, incluíndo 121.000 euros por ingresos e gastos de funcionamento ascenden e 31.013 de promoción e animación.

Achegáronse tamén aos socios datos sobre os catro proxectos de promoción e animación que se están a levar a cabo este ano, e que son a Campaña de Difusión de Axudas LEADER convocatoria 2021-2022; Xornadas Online de promoción e sensibilización, menús temporada calor para comedores escolares saudables e sostibles con circuítos curtos de comercialización; Consolidando a Marca do Territorio Costa da Morte-Terra Atlántica e o Mapa Interactivo do Territorio GDR Costa da Morte 2021.

Por fin, na asamblea tomouse conta de que dende que se empezou o período Leader no 2017, aprobáronse 59 proxectos, quedando sen executar outros 19 por falta de fondos. o.d. vilar

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.