Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 04 julio 2022
02:48
h

Gran final da Olimpíada Cultural no IES Fernando Blanco ceense

Venceu o equipo FCAC, Os Murciélagos e Os Terceiros fixéronse cos outros dous premios

Cee. A gran final da XI Olimpíada Cultural O Saber ten Premio, do IES Fernando Blanco de Cee, gañouna o equipo FCAC, integrado por Marco Antonio Esteban Norat, Viviana Ramírez Silva, Eva Senra Fafián, Lucía Canosa Lestón e Enrique Castro Conde. Recibiron o seu premio (seiscentos euros) de mans de Justo Trillo Lado, representante de Xeal.

O segundo premio (400 €) foi para o equipo Os Murciélagos, formado por Sergio Castro Romar, Isabel Díaz Jallas, Ariadna Mar Castro Arasme, Elisabet Insua Ostaseviciene e Brais Canosa Lestón. Entregoulles o galardón Mélani Lois Barcia, representante de Gerca. E o terceiro (300 €) foi para Os Terceiros, un equipo composto por José Denis Reyes, Diego Estévez Canosa, Paula Pérez Espasandín, Alejandro Ferreiro Somoza e Juan Francisco Díaz Suárez. Fíxolles entrega deste galardón Severo Roget, da Ferretería Roget.

Á gala, que foi conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida, asistiron as familias, o profesorado e os patrocinadores que fan posible esta olimpíada, así como o subdirector xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, Iván Mira Fernández.

A gran final constou de dúas partes. Na primeira tiveron que contestar a vinte preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 propostas. E a segunda consistiu nun debate sobre a nova Lei de Protección Animal, que ten en consideración aos animais domésticos como membros da familia. M. Lavandeira

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.