Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Guadalupe Vázquez cumpriu o desexo de Saltarín e levouno ata a Fin da Terra

A escritora e mestra ceense Guadalupe Vázquez Formoso presentou en Fisterra a súa obra bilingüe (galego-inglés) Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra, un conto que é un canto de amor á Terra, neste caso á Fin da Terra.

“Nesta nova aventura, Saltarín amosa o desexo de coñecer o emblemático faro de Fisterra. Sendo consciente de que el pode choutar, correr, xirar, ir adiante e atrás e ata bailar, vese capaz tamén de voar ata o seu soñado destino ata que lle entran as dúbidas e déixanos coa pregunta: será capaz de facelo?, invitando ao lector a unirse á aventura”, afirma a súa autora.

O acto estivo presidido polo tenente de alcalde, Xan Carlos Sar, e a concelleira de Cultura, Teresa Fernández. Tamén participou a técnica de Cultura. A autora foi agasallada cun lote de libros de autores de Fisterra.

21 nov 2022 / 12:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.