Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Guadalupe Vázquez presentou a Saltarín nas xornadas do libro galego en Carnota

O encontro xuntará ao longo de verán a autores como Xosé Iglesias, Marisa Vidal, Sole Pite, Francisco Fernández Naval, Alexandre Nerium, Eduardo Estévez e Marta Lado

Carnota acolle este verán as II Xornadas do Libro en Galego, organizadas pola libraría Chorima coa colaboración do Concello, as cales foron inauguradas coa presentación do conto Chouta, Saltarín! Little Grasshopper! da mestra e escritora ceense Guadalupe Vázquez Formoso. Unha obra bilingüe (galego e inglés) de contido pedagóxico, da que vén de publicar tamén unha segunda parte co título Voa Saltarín, ata a fin da Terra! Fly, little Grasshopper, to the end of the World.

O acto foi presentado polo tamén escritor Francisco Fernández Naval e tivo como escenario a Praza de Pedra da capital carnotana. Ao longo das vindeiras semanas achegaranse ata este mesmo lugar outros autores como o ceense Xosé Iglesias, que vén de publicar Luces da Costa da Morte; Marisa Vidal Collazo e Sole Pite Sanjurjo, que presentarán Eu son EXERIA; Alexandre Nerium, co seu poemario Ara do mar; o propio Fernández Naval, que dará a coñecer Fisterra; Marta Lado con A pita xefa e Eduardo Estévez coa súa obra Venecia abandonada. Asemade está previsto render unha homenaxe póstuma ao poeta malpicán Paco Souto.

10 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.