Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Haberá obradoiros de Samaín nas Torres do Allo para os pequenos

Poderán participar os nenos e nenas de 4 a 12 anos en quendas de mañá ou de tarde

Zas. O Concello de Zas programou para o vindeiro día 1 de novembro uns obradoiros de Samaín para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que se desenvolverán nas Torres do Allo, o pazo máis antigo de Galicia.

Realizarán dúas quendas de dous grupos cun máximo de catro participantes en cada un. A primeira será de 11.00 a 13.00 horas e a segunda terá lugar desde as 16.00 ata as 18.00 horas.

Os interesados deberán inscribirse previamente en calquera dos centros socioculturais do municipio. No de Zas poderano facer chamando ao 981 751398, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, e no de Baio a través do teléfono 981 718056, de martes a venres, de 15.00 a 21.30 e tamén os sábado de 10.00 a 18.00 horas.

Seguindo o protocolo da covid-19, todos os participantes deberán levar máscara.

Esta é unha actividade organizada polo Concello zaense, a través do departamento de Cultura e en colaboración coa Deputación da Coruña. O que non poderán celebrar este ano e ó tradicional magosto que viñan facendo tamén nas Torres do Allo debido ás restriccións sanitarias vixentes, que impiden que se xunten grupos de persoas, como era o habitual neste tipo de celebración gastronómica tan tradicional na Costa da Morte. MANUEL LAVANDEIRA

26 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.