Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe en Muxía aos deportistas que trunfan cos bailes caribeños

O Concello de Muxía homenaxeou aos seus deportistas que acadaron recentemente grandes resultados no Campionato de España de bailes caribeños, celebrado en Alicante. Alberto Martínez, de 19 anos, veciño de Riotorto proclamouse tricampión de España (en parellas absoluta, en individual absoluta e en dúo masculino absoluta), Raúl Domínguez, de 19 anos, de Suxo, acadou o quinto posto en parellas absoluta.; Iván Martínez e Noelia de la Fuente, ambos de 18 anos, de Suxo, acadaron o bronce en Youth. Pola súa banda, Noelia tamén foi bronce en dúo feminino absoluta; Brais Fandiño, de 18 anos, de Sorna, foi ouro na Copa Promoción e logrou o ascenso ao campionato nacional.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, recibiron aos galardoados nun emotivo acto na casa consitorial no que o grupo de goberno transmitiulles os parabéns polos éxitos acadados. Trasladáronlle en nome de todos e todas os muxiáns e muxianas “a honra de ter deportistas desta categoría, que ademais levan o nome de Muxía por todo o mundo”.

Despois da recepción, homenaxeados e parte do grupo de goberno, acudiron ao porto e ao Santuario da Virxe da Barca para inmortalizar o momento. “Trasladamos a nosa gratitude aos familiares que apoian incondicionalmente aos rapaces e rapazas, así como a escola e aos seus profesores que grazas ao seu tesón e constancia no seu traballo se poden acadar este tipo de logros”, engadiron desde o executivo local.

Á súa vez, o rexedor reiterou en diversas ocasións “o orgullo que sinte por esta rapazada con inquietudes, por demostrar que desde o rural se pode chegar á cima e por levar o nome de Muxía por bandeira”. O campión de España, Alberto Martínez, en nome de todos e todas os deportistas homenaxeados, transmitiu os parabéns polo recoñecemento do Concello e quixo destacar “a importancia deste estilo de actos para dar visibilidade a este deporte minoritario”. Animou aos muxiáns e muxianas máis pequenos a “descubrir o fermoso mundo do baile, tan descoñecido pero moi gratificante”.

05 abr 2021 / 19:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.