Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Impulsan á creación da marca Percebe da Barca, en Muxía

É un proxecto da asociación de profesionais do sector // Queren involucrar a toda a sociedade

A asociación de percebeiros de Muxía, constituida hai menos dun ano, ten en marcha un ambicioso proxecto para a creación da marca Percebe da Barca, ao redor da cal impulsarán múltiples iniciativas promocionais e actividades vinculadas á hostalería, o turismo e a formación. Ademais, un dos obxectivos é crear unha plataforma para a venda online do produto, segundo informou o secretario do colectivo, Santiago Pérez.

Con tal fin contrataron os servizos dunha empresa especializada para desenvolver o proxecto, co que aspiran a obter axudas a través do Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP), e tamén da Deputación da Coruña e da Xunta. Un apoio que xa teñen comprometido por parte do Concello de Muxía, xa que contan co respaldo de todos os grupos políticos. Dende o goberno local valoran positivamente a creación da marca, xa que están convencidos de que porá en valor “o gran traballo deste sector e o gran produto que temos”.

O primeiro paso será crear e rexistrar a marca, e a partir de ahí impulsar un plan promocional a través das prazas de abastos e do sector hostaleiro, e tamén ca organización de showcookings, a creación de merchandising (mandís, manteis e outros produtos co logo da marca) e mesmo a convocatoria dun premio, entre outras iniciativas.

Paralelamente, pretenden deseñar e sinalizar as Rutas dos Percebeiros, organizar visitas guiadas pola costa, incluindo traxectos con bicicletas eléctricas e roteiros adaptados a persoas con diversidade funcional. Asemade, queren desenvolver actividades dirixidas aos máis novos, como guías erutas didácticas e xornadas ambientais.

“A idea e ir desenvolvendo pouco a pouco o proxeceto e que en outubro poidamos ter xa todo en marcha”, sinalou Santiago Pérez. Ademais del, a xunta directiva da asociación está formada por Víctor Haz (presidente), Antonio Haz (tesoureiro) e José María Carballo (vogal).

13 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.