Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Impulsan dende Muxía e Corme unha asociación de percebeiros de Galicia

Directivos das agrupacións de mariscadores do percebe de Muxía e Corme decidiron dar un paso ao fronte para constituir unha asociación profesional de percebeiros e percebeiras de toda Galicia. O primeiro paso será redactar un borrador de estatutos que se “enriquecerá coas aportacións dos profesionais galegos que queiran sumarse a esta iniciativa”, afirman. Nas vindeiras semanas convocarán unha xuntanza para proceder á constitución formal do colectivo.

Paralelamente, os percebeiros de Muxía e Corme seguen sumando apoios a iniciativa para que o seu traballo sexa recoñecido como Patrimonio Inmaterial de Galicia. Este venres mantiveron unha xuntanza na vila da Barca con varios alcaldes e alcaldesas de Costa da Morte.

13 ene 2023 / 19:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.