Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 29 junio 2022
08:05
h

Información en Vimianzo sobre o cártel dos vehículos

Vimianzo. O Auditorio de Vimianzo acolle este mércores, ás 18.30 horas, un encontro informativo sobre a problemática do cártel dos coches promovido pola Unión de Consumidores de Galicia.

A iniciativa xurdeu a raíz dos expedientes sancionadores tramitados pola CNMV que remataron en distintas sancións (a maioría ratificadas polo Tribunal Supremo) a 34 marcas polo intercambio de información confidencial que lles permitiu controlar o mercado da distribución e venda de vehículos. Afectou a persoas, profesionais e empresas que adquiriron un vehículo ben por compra, leasing ou renting entre os anos 2006 a 2013.

Os fabricantes afectados por este cártel son: Alfa Romeo, Audi, BMW, Chevrolet, Chrysler, Citroen, Dodge, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Jeep, Kia, Lancia, Lexus, Mazda, Mercedes Benz, Mitsubishi, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Volkswagen, Toyota, Volvo.

A Unión de Consumidores de Galicia considera que as persoas afectadas poden reclamar o prexuízo sofrido como consecuencia do sobrecuste pagado polo vehículo de resultas das prácticas anticompetencia, un importe que podería supor arredor do 10% do prezo pagado polo vehículo, un aspecto que definirá o informe pericial que a equipa da organización elaborará con motivo destes procedementos. A xuntanza está aberta a todas as persoas interesadas.

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.