Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Intoxicados tres veciños de Mazaricos pola mala combustión dun quentador

Unha das persoas afectadas foi evacuada en helicóptero e as outras dúas en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

Tres persoas do lugar de Pazos, en San Cosme de Antes (Mazaricos), tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) polos servizos sanitarios de urxencia. Unha delas foi evacuada nun helicóptero medicalizado e as outras dúas en ambulancia, despois de intoxicarse pola acumulación de monóxido de carbono provocada pola mala combustión dun quentador da súa vivenda.

Sucedeu pasados dez minutos das 10.30 horas desta mañá, segundo informa o 112, e foi a esa hora cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba cara o lugar de Pazos por mor de que, aínda que non sabían exactamente o que sucedía, tres persoas presentaban síntomas de intoxicación.

A partir de aí, os xestores do 112 informaron aos bombeiros de Santa Comba que decontado acudiron ao punto. Igualmente, puxeron os feitos en coñecemento dos membros do GES de Muros, da Garda Civil, dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do persoal da empresa subministradora deste gas.

Así mesmo, o persoal sanitario contactou novamente cos xestores de emerxencias para comunicar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tamén se dirixía ao punto.

Tras chegar á vivenda, os bombeiros procederon a realizar as correspondentes medicións que, neses intres, daban valores baixos de monóxido pese a levar bastante tempo ventilándose, por iso, procederon co peche de todas as instalacións e continuaron coas tarefas de ventilación. Con todo, tras finalizar a súa intervención, os bombeiros confirmaron que as tres persoas foron trasladadas por intoxicación debido á mala combustión do quentador de butano.

05 abr 2022 / 17:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.