Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investigan os contratos do alumeado de Nadal de Vimianzo do 2019

A alcaldesa prestou declaración no xulgado tras ser denunciada por Manuel Antelo

Vimianzo. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez (PSOE), prestou este xoves declaración diante do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Corcubión en calidade de investigada, tras ser denunciada polo voceiro de Adiante Vimianzo, Manuel Antelo, ao considerar este que cometeu presuntas irregularidades no procedemento de contratación do alumeado de Nadal do 2019/2020.

As supostas irregularidades denunciadas estarían baseadas nunha fragmentación dos contratos formalizados para instalar o tradicional alumeado navideño nas rúas da capital municipal e das parroquias.

A rexedora, despois de pasar polo xulgado, manifestou a súa total “tranquilidade” ao considerar o procedemento “amparado pola legalidade” e lamenta “contar cunha persoa na oposición que no lugar de traballar por mellorar Vimianzo intente día tras día difamarme, desprestixiarme e intentar que a miña figura se vexa enturbiada por procesos xurídicos, algo que por certo, non vai conseguir.”

Mónica Rodríguez quixo facer especial fincapé na “confianza depositada na xustiza” e sinalou que agarda “que este procedemento se resolva con total transparencia non polo meu beneficio, senón polo do meu municipio, que é o único que me interesa.”, conclúe. J. M. R.

11 mar 2021 / 16:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.