Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitada a mellora da avenida da Gándara, en Vimianzo

Renovarán o firme e ensancharán o vial nun tramos de máis de douscentos metros

O Concello de Vimianzo incluirá dentro das obras a realizar no Plan Único provincial o proxecto de mellora da avenida da Gándara, que une o instituto e a área recreativa do Muíño. En total, o importe de licitación ascende a 78.206,77 euros e o obxectivo principal é dotar dun novo firme e ensanchar para que conte con dous carrís de circulación, beiravías e sendas peonís, á par que se instalarán evacuacións de pluviais e preinstalación para futuras redes de iluminación pública.

O tramo de actuación ten unha lonxitude de 220 metros e as obras servirán para mellorar as condicións de seguridade e a calidade de vida tanto na zona a intervir como en toda a contorna. Os traballos consistirán na repavimentación do tramo descrito, formando unha calzada para tráfico lixeiro con base de 10 centímetros de zahorra natural sobre o xa existente, e de 30 centímetros no caso da ampliación, que será compactada cunha apisonadora.

Previamente o pavimentado construirase a rede de evacuación de pluviais por ambas as dúas marxes do vial. As beiravías peonís serán de 120 centímetros de ancho en formigón impreso e tamén se instalarán dous pasos de peóns, un ao comezo en continuidade co paseo fluvial, e outro en frente o instituto. Realizarase o recrecido das arquetas e bocas dos outros servizos existentes para adaptalas a rasante da vía.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinala que “contamos con executar esta obra antes do inicio da tempada escolar para non estorbar así o correcto funcionamento da volta ás clases”, á vez que insiste na “necesidade real de acometer xa non só a mellora no pavimento, coa conseguinte optimización da seguridade, senón tamén instalar sistemas de pluviais e as beirarrúas”, finalizou.

14 jul 2021 / 21:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.