Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 10 agosto 2022
14:20
h

Licitan a obra de pavimentación no acceso ó lugar de Castro

Vimianzo. O Concello de Vimianzo inicia o proceso de licitación do proxecto de pavimentación da pista de acceso ao lugar de Castro, na parroquia de Salto.

O orzamento total dos traballos ascende a 86.258,47 euros, estando financiado con cargo ao Plan de Mellora de camiños municipais de Agader. O prazo de execución das obras será de seis meses e para as empresas que opten á licitación o período para poder presentar as súas ofertas remata hoxe, 5 de agosto.

No proxecto contémplanse traballos de limpeza e roza de cunetas, actuacións de recheo, aplicación dunha nova capa de rodaxe, obras de drenaxe e a instalación de elementos de sinalización, tanto horizontais coma verticais .

O edil e tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, sinala que todas estas actuacións “permitirán aumentar a seguridade viaria tanto de peóns como do tráfico rodado, continuando co plan do goberno local de mellorar o rural en todos os seus aspectos”. c.v.

05 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.