Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Luar na Lubre engaiolou coa súa música ao pé da praia da Langosteira

Fisterra. Unhas duascentas persoas desfrutaron en Fisterra do concerto de Luar na Lubre, que presentou ao pé do Atlántico os temas incluídos no seu novo disco, que leva por título Vieiras e vieiros: historias de peregrinos. A actuación tivo como marco a terraza do hotel Bela Fisterra, situado ao pé da praia da Langosteira. Entre os asistentes estaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Tamén acudiron á cita o poeta fisterrán Modesto Fraga e concelleiros da Corporación local, entre outros. Este novo álbum de Luar na Lubre pon en valor as historias vinculadas ás persoas que percorreron e seguen a percorrer o Camiño de Santiago. Rememora ademais o encontro en Dumbría entre o bispo armenio Mártiros de Arzendjan e a besta maligna á que nomeou Vákner, e lembra a lenda de Dugium, a cidade asolagada. M. RAMOS

28 sep 2020 / 17:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.